Santiago, 11 de outubro de 2018. A Comisión Executiva Federal do PSOE aprobou o calendario de primarias para elixir, o vindeiro 18 de novembro, o candidato ou candidata nos municipios de máis de 20.000 habitantes e o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta de Galicia.
En concreto, no que atinxe ás primarias municipais, o prazo para concorrer abranguerá do 22 ao 25 de outubro, data a partir da cal se abrirá o período para a recollida e presentación de avais. Unha vez verificada a documentación presentada, a campaña interna desenvolverase entre os días 9 e 17 de novembro.
En caso de que algún dos aspirantes acade máis da metade dos votos non se requirirá segunda volta, e a proclamación definitiva dos gañadores será o día 22; mentres que, no caso contrario, a segunda volta terá lugar o 25 de novembro e a proclamación definitiva do gañador será o día 29.
No relativo ás primarias autonómicas, a presentación de precandidaturas remata o día 16 de outubro, cando comeza o prazo de recollida e presentación de avais. A partires de aí, a campaña durará entre o 4 e o 17 de novembro; e as datas de votación e proclamación definitiva coinciden co estipulado para as primarias locais.
As normas e o calendario aprobado pola Comisión Executiva Federal do PSOE veñen determinadas polo Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais do PSOE, que rexe o proceso.
Ir á páxina das primarias 2018