O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, comparou hoxe ao PP co tabaco “de batea”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, na que alertou do grao de incumprimento da Lei Antitabaco, as consecuencias da mesma e a necesidade de endurecela.
Julio Torrado denunciou que a percepción dos galegos na aplicación da Lei é que “non se está cumprindo nada no entorno de hospitais e centros educativos” e “a percepción cidadá sobre o cumprimento da Lei é por debaixo do 5 sobre 10 segundo o barómetro do CIS”. Do mesmo xeito, afirmou que “hai unha deixadez por parte da Xunta, non só sobre esta lei senón tamén outras conductas aditivas coma o consumo de alcol ou drogadiccións”.
O deputado afirmou que “o tabaco é para a saúde como o PP para a democracia”. Así, o deputado dixo que é unha medida moi importante dende o punto de vista sanitario e denunciou que “o PP discutiu esta medida e rozou a desvergoña”.
Torrado expuxo que “hai persoais da saúde que piden máis endurecemento” e dixo que “os socialistas invitamos á Xunta a estudiar si é necesario”. Pois manifestou que “a pesares dos avances, existen aínda problemas no país”. En Galicia concretamente, “son consumidores de tabaco sobre un 20% dos menores de 15 anos”.
Así, preguntou sobre a valoración da Xunta sobre o grao de cumprimento de dita Lei, a valoración das consecuencias da súa aplicación, se hai que endurecela e sobre o volume de denuncias que ten a Administración sobre o incumprimento.