O PP rexeitou hoxe unha proposta non de lei do deputado socialista, José Pérez Seco, que instaba á Xunta a arranxar o tramo do Camiño de Santiago á altura do Salviñao. O tramo abandonado atópase entre Portela e Belesar.
Seco outorgou un prazo de tres meses á Xunta para que poida realizar os traballos de recuperación da zona. Entre as deficiencias atópase a limpeza da broza, un punto negro ao ter que cruzar unha rega sen pontillón nin peaxes e a dificultade para obter auga potable ao pé do camiño.
Así mesmo, este tramo presenta carencias comparadas cos tramos modelo do camiño como: rutas alternativas, tramos con sinalización homologada, albergues sen sinalización para persoas con diversidade funcional, etc.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE