Pérez Seco lamenta a tardanza da Xunta en xestionar a praga da couza guatemalteca
O Portavoz de Gandaría Socialista, Pérez Seco, denunciou ineficacia na xestión da couza guatemalteca que afecta á pataca. Na comparecencia en comisión da directora xeral de Agricultura, lamentou a tardanza da Xunta en xestionar e adoptar medidas.
Pérez Seco achacoulle á directora xeral que “vénnos a falar dunha praga que xa debería de estar controlada”. Do mesmo xeito, denunciou que as medidas que se están tomando non son eficaces xa que a praga terminou expandíndose. Isto supón que “estamos a falar de milleiros de quilos de patacas”.
Tamén se acordou dos afectados, dicindo que “esta crise deixa moitos damnificados e damnificadas” e “vostedes tardaron en xestionalo”. Afirmou que “a Conselleira debería aparecer por Muxía, un Concello afastado a máis de 100 quilómetros do punto central afectado e que en principio non o estaba”. Co cal, “as nosas conclusións son que a praga non está finalizada e non se está a conseguir parar”.
O deputado preguntou “que están a facer para a prevención da mesma?, que medidas van a tomar?, xa que as que impuxeron ata agora non son eficaces” e, do mesmo xeito, quixo recalcar algo que xa fixera na anterior comisión, preguntando acerca de se están investigando as causas e intensificando os controis.