A portavoz de Igualdade e para os dereitos das mulleres do Grupo Socialista, María Pierres, rexistrou unha proposición non de Lei para que a Xunta demande ao Goberno de España o orzamento comprometido no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A dotación económica que o Goberno central debe transferir á Xunta desde o pasado ano ascende aos 100 millóns de euros anuais.
Pierres reclama que se cumpra o acordo, que o propio PP apoiou e que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 volveu a ningunear. Así mesmo, os socialistas queren trasladar á Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que convoque de urxencia unha Conferencia Sectorial de Igualdade que trate a situación orzamentaria do Pacto Contra a Violencia de Xénero.
A portavoz socialista lembrou que “non se poderá avanzar na erradicación da violencia machista e na atención específica ás mulleres, se non se establecen mecanismos de coordinación entre as diferentes administracións e se dotan de recursos económicos”.
Sinala que “non se poderá avanzar na erradicación da violencia machista e na atención específica ás mulleres se non se establecen estes mecanismos de coordinación necesarios entre as diferentes administracións e institucións con responsabilidade na materia”. Engade que “tampouco se poderá seguir avanzando se non se dota ás administracións dos recursos económicos adecuados”.
Lembra ademais o incumprimento por parte do PP da proposición non de Lei do Grupo Socialista aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia no pasado mes de outubro unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para solicitarlle ao Goberno central “a aprobación por decreto lei, en caso de prórroga orzamentaria, o incremento de polo menos 200 millóns para dar cumprimento aos acordos orzamentarios” deste Pacto.