O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto do PP, hoxe na Comisión de Sanidade, a unha iniciativa na que reclamaba a mellora das infraestruturas da comarca do Condado-Paradanta, sinaladamente nos Centros de Saúdes.
Así mesmo, a iniciativa tamén recollía a contratación dun técnico especialista en radioloxía pola tarde co obxectivo de mellorar a atención primaria da comarca, para evitar que os pacientes teñan que desprazarse ata Vigo para poder ser atendidos no núcleo de Condado-Paradanta. “Non basta con recoñecer que existe un problema, hai que actuar”, comentou o deputado en alusión á Xunta.
Torrado propuxo garantir que se habilite o acceso dos centros sanitarios para persoas con diversidade funcional. “Proben a acceder cunha cadeira de rodas ao centro de Mondariz. É complicadisimo”, sentenciou.
A proposta socialista incluía tamén pedirlle á Xunta unha avaliación do estado das infraestruturas da comarca do Condado – Paradanta, “con especial atención ás condicións de accesibilidade dos centros de saúde”, e comprometer a contratación de persoal de atención primaria que permita garantir a correcta asistencia sanitaria na comarca.
Concellos do PP
O portavoz socialista censurou hoxe o sectarismo amosado polo PP, que nunha Comisión na que foron solicitadas melloras para as instalacións de catro concellos, tan só aprobaron a de Pazos de Borbén, gobernada polo PP. Sen embargo rexeitaron as do Centro de Maiores de Campolongo, en Pontevedra, Mondariz, Ponteareas e As Neves, o que supón, lamentou, que “hai realidades que cheiran a moita distancia”.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE