A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe que o goberno galego teña aprazado a resposta a unha pregunta oral sobre a posible chegada a Galicia de madeira da empresa brasileira Madeiras Cedroarana. Esta empresa está directamente relacionada coa masacre de Colniza, na que foron asasinados 9 labregos brasileiros hai mañá un ano.
A responsable socialista advertiu que “cheira a queimado” o aprazamento desta iniciativa precisamente un día antes do cabodano da matanza logo de sinalar a posible entrada a Galicia de a lo menos un barco da empresa, que chegou ao Porto de Vigo a finais do ano pasado, segundo ten denunciado Greenpeace. Lembrou neste sentido que o goberno é colexiado e solidario para dar resposta ás iniciativas parlamentarias.