O secretario xeral do PSdeG urxe unha “solución” para unha folga que dura xa máis de dúas semanas
Santiago, 28 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reprochou este mércores a Alfonso Rueda que “prefira chantaxear” aos traballadores da Xustiza, que superan as dúas semanas de folga, antes que “amosar vontade de diálogo”.
E é que, en palabras do líder dos socialistas galegos, mentres Rueda “segue cobrando”, a diferenza do que ocorre co persoal en folga, “a Xustiza galega segue paralizada” sen que o conselleiro responsable busque “unha solución” ao conflito laboral.
A súa decisión de condicionar a súa entrada na negociación ao fin da folga dá a mostra, proseguiu Gonzalo Caballero, de que “o PP carece de sensibilidade cos traballadores” e de “capacidade de resolución dos conflitos”.
“Intenta plantear un órdago en clave de chantaxe cando non cumpre o seu deber como xestor, que é negociar cos implicados”, criticou o dirixente socialista, quen considerou “una falla de respecto” que Rueda aínda “non se teña sentado” cos traballadores afectados.
Para rematar, Gonzalo Caballero recordou ao vicepresidente de Feijóo que “as folgas son un dereito” e censurou que ningún dos dous estea “en condicións de ofertar á sociedade vontade ou capacidade de negociación e diálogo” cos axentes sociais.